Combina Social procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexan independentes dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesibles para navegadores adaptados a persoas con discapacidade ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.

A Unión Europea, na resolución do Consello de 25 de marzo de 2002, anima aos Estados membros a ter en conta a necesidade de que os contidos dixitais sexan accesibles e, seguindo esta recomendación, a Lei 34/2002, de 11 de xullo, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico, dispón que as Administracións Públicas adoptarán as medidas necesarias para que a información dispoñible nas súas páxinas de Internet sexa accesible a persoas con discapacidade e de idade avanzada, de acordo cos criterios de accesibilidade ao contido xeralmente recoñecidos, antes do 31 de decembro de 2005.

En coherencia con este obxectivo, o deseño da web de Combina Social foi realizado tendo en conta as recomendacións de accesibilidade para o primeiro nivel de prioridade das directrices WAI do W3C.

Imaxes

Todas as imaxes empregadas neste sitio inclúen atributos ALT descritivos. Gráficas puramente decorativas inclúen atributos alt baleiros.

Tamaño de texto

Podes cambiar o tamaño da fonte deste documento segundo a túa preferencia a través do teu navegador: En Internet Explorer, selecciona Ver, despois o tamaño do texto e, a continuación o tamaño que desexes. En Firefox, selecciona Ver, a continuación, Tamaño, e logo Aumentar ou Reducir.

Formularios

Todas a etiquetas de formularios asócianse a campos con etiquetas HTML.

Javascript

JavaScript utilízase na páxina web para facilitar o seu uso, pero é posible navegar pola web sen Javascript.

CSS

Este sitio utiliza follas de estilo CSS para o deseño visual. Se o teu navegador ou dispositivo de navegación non soporta follas de estilos, o uso de marcado semántico estruturado garante que o contido de cada páxina continúe sendo lexible e claramente estruturado.