As empresas públicas e privadas con cadros de persoal de máis de 50 persoas, estarán obrigadas a que, a lo menos o 2% delas sexan persoas discapacidade.
Excepcionalmente, as entidades obrigadas a cumprir esta cota de reserva, poden quedar exentas da obriga solicitando a excepcionalidade e aplicando algunha das seguintes medidas alternativas:
- A celebración dun contrato mercantil ou civil cun CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO ou cunha persoa traballadora AUTÓNOMA CON DISCAPACIDADE, ben como proveedor, ben como prestador de servizos auxiliares, por un importe anual do contrato mínimo de 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual por cada traballador/a con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2%.
- Realización de doazóns e accións de patrocinio de carácter monetario, por importe anual mínimo de 1´5 veces o IPREM anual por cada traballador/a con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2%, a fundacións e asociacións de utilidade pública cuxo obxecto social sexa, entre outros, a formación profesional, a inserción laboral ou a creación de emprego en favor das persoas con discapacidade.
- A constitución dun enclave laboral, previa subscrición do contrato cun CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO, por importe anual do contrato mínimo de 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) anual por cada traballador/a con discapacidade deixado de contratar por debaixo da cota do 2%.
Se precisas calcular o importe das Medidas Alternativas que corresponderían a túa empresa podes facelo aquí
Combina Social pódete prestar asesoramento gratuíto para a xestión das medidas alternativas