Con COMBINA o cliente contrata servizos que non forman parte do núcleo da súa actividade principal e que serán desenvoltos por persoas con discapacidade. En COMBINA buscamos a calidade e optimización dos servizos que desenvolvemos, o cal redundará nunha mellora dos resultados da túa empresa. Para isto, partimos dunha comunicación fluída dende a primeira toma de contacto; adaptámonos ás necesidades e aos requisitos individuais dos nosos clientes, facendo un estudo pormenorizado do servizo que imos prestar.