Asesoramento
Información xeral en materia de Accesibilidade, principalmente sobre lexislación vixente, condicións esixibles, posibles melloras de confort, comodidade e calidade de servizo, recursos existentes e posibilidades de acción.
Divulgación e sensibilización
Exposición do impacto das condicións de accesibilidade sobre a poboación en conxunto e as persoas con discapacidade en particular. Promoción da lexislación vixente, da normalización certificable máis do principio de igualdade de oportunidades.
Colaboración no desenvolvemento de estratexias de I+d+i
Aproveitando o tecido asociativo máis as actividades dos centros de recursos, realízanse probas de usuario nos que interesa contar coa opinión e percepción das persoas con discapacidade.
Consultoría
A oferta de consultoría componse dos seguintes servizos:
- Acompañamento en obra
- Consultas con intervención técnica
- Formación
- Peritaxe
- Plans de accesibilidade