Os centros especiais de emprego son aqueles cuxo obxectivo principal é o de realizar unha actividade produtiva de bens ou de servizos, participando regularmente nas operacións do mercado, e teñen como finalidade asegurar un emprego remunerado para as persoas com discapacidade; á vez que son un medio de inclusión do maior número destas persoas no réxime de emprego ordinario.
Para manter a cualificación administrativa de centro especial de emprego, o equipo deberá estar composto, como mínimo, polo 70% de persoas con discapacidade. Combina supera o 90%.
Os Centros Especias de Emprego sen ánimo de lucro ( ou de iniciativa social) son empresas promovidas polas entidades do movemento asociativo, baixo os principios da economía social. É dicir tense en conta os intereses da persoa por enriba do capital, principio de funcionamento democrático, non repartición de beneficios, etc.