Decálogo para a inclusión laboral de persoas con discapacidade

A TÚA NECESIDADE É A SÚA OPORTUNIDADE

INTEGRÁMOLAS?

1.

Identifica as túas necesidades de persoal a curto, medio, e longo prazo.


2.

Contacta con entidades especializadas en inserción laboral de persoas con discapacidade: por suposto, conta con Combina Social!
Axudarémosche:

  • Cun asesoramento personalizado, antes, durante e no seguimento da inserción
  • Na identificación e análise das vacantes de persoal
  • Encargámonos da selección e avaliación da mellor candidatura con discapacidade para a túa empresa
  • Identificamos posibles necesidades de adaptación do posto de traballo para que sexa accesible, así como as necesidades formativas e/ou de apoio que a persoa candidata poida necesitar no momento da súa incorporación. 

3.

Valora as opcións dispoñibles de bonificación por contratación persoas con discapacidade e benefíciache.

4.

Informa o teu persoal das doenzas que poden dar lugar ao recoñecemento dunha discapacidade e dos beneficios fiscais aos que poden acollerse. Poden xurdir novos casos de persoas traballadoras que estean nesta situación e que necesiten asesoramento.


5.

Prepara ao teu persoal para acoller ás persoas con discapacidade que van incorporarse á túa empresa; eliminamos prexuízos a través de xornadas informativas e de sensibilización.


6.

Mide o impacto positivo da incorporación de persoas con discapacidade na túa empresa: avalía antes e despois e comproba como mellorou o clima laboral e o orgullo de pertenza do teu equipo.


7.

Como parte da túa estratexia de  RSC, elabora un plan de comunicación para dar a coñecer aos teus grupos de interese as medidas que estás a implementar na túa empresa e contáxiaos para que o efecto sexa multiplicador.


8.

Estuda a posibilidade de desenvolver na túa empresa políticas que favorezan a inclusión de persoas con discapacidade que presentan maiores dificultades de inserción e máis necesidades de apoio.

Ponte en mans de entidades sociais especializadas en discapacidade e déixache asesorar.


9.

Se a túa empresa ten 50 ou máis empregados en persoal, cumpre coa lexislación vixente en materia de inclusión de persoas con discapacidade (Lei xeral de discapacidade) reservando polo menos un 2% do teu persoal para persoas con discapacidade, e se este non é o teu caso, faino tamén só por todos os beneficios que conleva para a túa empresa e as súas empregadas/vos Porqué non…?


10.

E se teño que cumprir a  LGD e non podo incorporar persoas con discapacidade na miña empresa porque non teño vacantes ou non hai candidaturas dispoñibles acordes ás necesidades da miña empresa?

Asesorarémosche sobre as medidas alternativas dispoñibles e sobre os programas cos que indirectamente podes contribuír á inserción laboral de persoas con discapacidade (financiamento de programas formativos para persoas con discapacidade, programas de itinerarios de inserción laboral e/ou sensibilización, fomento do emprego protexido a través da contratación de servizos a centros especiais de emprego…).