
En Combina cremos firmemente en plans e medidas que garantan a igualdade entre mulleres e homes e avanzamos no noso reto de conseguir un 50/50 en todos os niveis da empresa.
Igualdade de oportunidades: nada máis, nada menos.
É fundamental que todas as persoas que traballan en Combina Social sintan que teñen as mesmas oportunidades, independentemente de se son mulleres ou homes.
En Combina Social estamos a traballar para que isto ocorra. Os resultados son nosa mellor proba e parece que estamos no bo camiño: actualmente o 54% do persoal é feminino e o 80% do persoal de estrutura son mulleres.
De feito, mesmo antes de formar parte da nosa empresa, queremos que sintan que serán parte dun lugar no que as persoas serán valoradas polo seu talento.
Por iso, todas as persoas responsables da área de recrutamento formáronse en materia de igualdade de oportunidades.
Non cremos nos traballos “de homes” ou “de mulleres”
Un dos puntos nos que traballamos no noso Plan de Igualdade é conseguir un balance 50/50 de mulleres e homes nos diferentes departamentos da nosa compañía.
Enfocámonos en ter máis mulleres en roles predominantemente masculinos, así como máis homes en roles predominantemente femininos, e para iso, entre outras medidas, o noso Plan de Igualdade establece que nos procesos de selección e en condicións equivalentes de idoneidade, accederá ao posto a persoa do sexo menos representado.
Somos conscientes de que aínda existen moitas áreas de mellora no noso centro especial de emprego de iniciativa social. O noso obxectivo continuará sendo a consecución da igualdade real a todos os niveis tanto en Combina Social como a nivel global.
Cada vez estamos máis preto de conseguilo.