TRAGSATEC adxudica a Combina Social a xestión do servizo de Ordenanza nas instalacións que ten a compañía na rúa Fernando Casas Novoa, de Santiago de Compostela. 

O contrato deste servizo, adxudicado a Combina Social o pasado 4 de decembro de 2020, ten unha duración de 15 meses. 

Combina Social presta este servizo en horario de 07:15 a 21:15 de luns a xoves e de 07:15 a 16:45 os venres, en dúas quendas de mañá e tarde. 

Ademais das funcións de apertura e peche das instalacións realízanse tarefas de información, recepción e atención ás persoas usuarias; control da correspondencia e documentación, así como a súa distribución; recados oficiais e tarefas administrativas.

Con este contrato, Combina Social reforza a súa liña de negocio de Outsourcing, deseñada para dar unha resposta profesional ás empresas que externalizan os seus servizos co obxectivo de lograr unha maior eficacia e produtividade, e cumpre ao mesmo tempo co seu compromiso de fomentar a contratación de profesionais con discapacidade. 

Solucións á túa medida 

Como provedora de solucións de recursos humanos, sabemos de primeira man o valor que ten para a túa organización contar co mellor talento. As persoas son o teu maior activo, polo que necesitas contar coas e cos mellores profesionais para xestionar e impulsar o crecemento da túa empresa. 

Axudámosche a identificar o talento que necesitas, temporal e permanente, de maneira rápida e co nivel de esixencia que ti e a túa organización requirides. 

Mantemos sempre o contacto presencial coas nosas candidaturas para coñecer as súas habilidades, experiencia e aspiracións de primeira man, o que nos asegura garantirche o perfil máis adecuado ás túas necesidades. 

Contacta con nós para solicitar máis información.