Realizamos diversos servizos de loxística en plantas de distribución, tendo unha experiencia acreditada no sector da alimentación. As tarefas concretas que vimos realizando son as seguintes:

  • Recepción de mercadorías: consiste basicamente na descarga de vehículos e repaletización de mercadoría para a súa colocación posterior no almacén. Tamén se inclúe neste proceso a etiquetaxe de artigos con precintos de seguridade.
  • Devolucións e minguas: trátase de revisar e verificar as devolucións provenientes dos puntos de venda e a clasificación de residuos.
  • Mantemento: consiste na preparación de material de montaxe para o seu posterior envío a tendas; control de mantemento preventivo de máquinas de limpeza e traspaletas así como o control correctivo de avarías. Tamén se realizan actividades auxiliares de mantemento na planta loxística (traballos preventivos e reparacións menores).
  • Preparación e clasificación de publicidade e cartelería relacionada con promocións para o seu posterior envío aos puntos de venda.
  • Puntos de venda: realízanse tarefas de limpeza de estantes e re colocación de mercadorías, principalmente.